“Acostumbrados a ver a sus
mujeres trabajando duramente en los campos ―como
ellos―, no puede a los hombres
gallegos sorprenderles que también hagan versos... mejor que ellos. Los
eruditos cantan, orgullosos desde las glorias de Loedegunda, hija de Ordoño II,
en Samos; de Isabel Rodríguez, en Allariz; de Hermesinda, hermana de San
Rosendo; de Isabel de Castro, condesa de Altamira; de Josefa de Zúñiga, condesa
de Lemos; hasta las de María Teresa Caamaño, María Francisca Isla, Clara
Corral, Emilia Quintero, Narcisa Pérez Reoyo, Fanny Garrido, Filomena Dato,
Emma Molins, María Corredoira, Carolina Barbeito, Obdulia Prieto, Sofía
Casanova y otras, y otras...” (“Kodak de vacaciones”, Morales, María Luz -El Sol [Madrid], 25 de agosto, 1929)
A coruñesa María Luz
Morales Godoy, “a gran dona da prensa”, nace o 23 de abril de 1890 nesta
cidade. Sendo moi nova a súa familia trasládase a Barcelona, lugar onde vai
residir desde entón; se ben nunca romperá a vinculación ca súa terra á que
voltará en diversas ocasións. María Luz Morales foi unha auténtica pioneira do
xornalismo feminino, realizando unha intensísima e brillante actividade
xornalística durante toda a súa vida. A súa carreira profesional presenta
múltiples facetas, como directora de revistas e xornais: La Vanguardia (1936),
a revista Hogar y Moda, o xornal
Diario de Barcelona, a revista Lecturas. No mundo editorial dirixiu en Salvat
varias enciclopedias, como Salvat,
Universita ou La Moda. El traje y las costumbres en la primera mitad del
siglo XX (1947, en tres volúmenes). Como xornalista colaborou con diferentes
medios: no diario madrileño El Sol, fundado por Ortega y Gasset, fíxose cargo
da páxina feminina La mujer, el niño y el
hogar. As súas publicacións sobre moda tiñan sempre un enfoque novedoso:
"Renovarse o morir
es, claro está, el eterno dilema. Y para renovarse en este justo instante de la
Moda, es preciso ante todo democratizar, simplificar las modas, algunas de ellas por lo menos.
Como jugar al tenis con traje de cola, o subir a un tranvía con sombrero
desbordante de plumas lloronas?” (da
enciclopedia Salvat: La moda. El traje y las costumbres en la primera mitad del
siglo XX)
Como tradutora realizou as
adaptacións ó castelán das películas da Paramount Pictures, chegando a ser
asesora literaria da productora. No xornal La Vanguardia redactaba a crítica
semanal da carteleira na sección “Vida cinematogáfica” que asinaba con nome
masculino, usando o galdosiano seudónimo de Felipe Centeno. Traduciu biografías como a de Mademe Curie e
tamén os clásicos da literatura universal: Obras
maestras al alcance de los niños da
editorial Araulce (Homero, Lope de
Vega, Cervantes, Shakespeare…). Canto disfrutamos das súas traducións na etapa
xuvenil! Lembramos na
casa con especial agarimo a versión de Peter
and Wendy de James Matthew Barrie, traducido como Peter Pan y Wendy. Esta foi a primeira versión ó castelán que se fixo desta obra. O libro, que aínda
conservamos, pasou de man en man por diferentes xeracións na familia. En 1933
comeza a facer crítica teatral. O teatro era unha das súas grandes paixóns e
escribiu teatro: Romance de media noche-1935,
con Elisabeth Mulder, estreada en Bilbao no teatro Arriaga en 1936. En 1955
publica a súa novela “Balcón al
Atlántico, (outra novela sin héroe)” na Editorial Surco, que fundara o seu
sobriño Federico Ramírez Morales en 1941. A novela está inspirada na Coruña.
Utilizaba entre outros o pseudónimo Jorge Marineda como tributo á cidade. A súa
novela “El amor empieza en sábado”
foi levada ó cine en 1958. E poderíamos seguir citando exemplos do extensísimo
traballo realizado pola autora, “sempre na brecha”, como ela mesma dicía. Pero
non todo foi camiño de rosas para Morales, pois a breve etapa de pouco máis de
medio ano como directora de La Vanguardia en 1936, costoulle despois do golpe
de estado ser acusada de colaborar coa República e de pertencer ó Partido
Galeguista. Foi expedientada, encarcerada e apartada da profesión. A partir
dese momento continuou escribindo para determinadas revistas, pero anónimamente
ou baixo pseudónimo, como o de Jorge Marineda ou Ariel. En 1948 rehabilitada xa
como periodista, pode voltar ó exercicio da profesión. En 1949 ingresou na
redacción do Diario de Barcelona onde traballou ata que se xubilou.
Pero se hai algo que como galegas debemos
acentuar desta extraordinaria muller é o seu vencello con Galicia. Aurora Marco
na súa obra Irmandiñas, informa do seu nexo coa terra; vinculada ó Partido Galeguista, formou parte
do Grupo Galego de Barcelona do que era Presidenta Honoraria, participando en
numerosos actos como a homenaxe ós Martires de Carral en 1933, promovendo o
Estatuto de Autonomía e posterior celebración pola aprobación do mesmo no 36.
Segundo di A. Marco, ese mesmo ano constitúese en Santiago de Compostela a
Asociación de Escritores Galegos e ela é elexida como representante da
asociación. Galicia foi a protagonista de numerosos discursos, conferencias,
ensaios e artigos. A defensa de Galicia, da lingua: “¿Por qué, mujer culta de Galicia, has abandonado tu lengua, tan hecha para ti y por ti, tan
expresiva en tus labios, tan dulce en tu sentir?” (“Unha rosa de cen
follas” en “Kodak de vacaciones”, Morales, María Luz -El Sol [Madrid], 25 de agosto, 1929),
das mulleres ilustres como Rosalía de Castro, Pardo Bazán, Concepción Arenal.
As mulleres tiveron sempre un grande protagonismo na súa obra. No seu ensaio
Las Románticas 1830-1930, escribe sobre mulleres relevantes como Rosalía de
Castro, Cecilia Bölh de Faber, Gertrudis Gómez de Avellaneda ou Mariana Pineda,
entre outras.
Mary Luz Morales é das poucas autoras galegas
do s. XX que recibiu en vida importantes recoñecimentos e premios, como o
premio Nacional de Teatro en 1963 ou premio de periodismo Ciudad de Barcelona
en 1972 entre moitos outros. En 2016 a Fundación La Caixa, La Vanguardia e o
Observatorio cultural de Xénero crearon na súa memoria o Premio de Periodismo que
leva o seu nome. María Luz Morales
Godoy, a dona do periodismo para quen escribir era o alento vital (“Yo nunca
dejaré de escribir, porque me es tan necesario como el respirar”) faleceu en Barcelona o 21 de setembro de
1980.
Desde o ano 2014 temos na Coruña unha rúa que leva o seu
nome no barrio de Labañou.
Fontes:
- Aurora Marco, “ María Luz Morales e Galiza” en
Irmandiñas, páxs.: 344-348
-María luz Morales: Wikipedia/ Galipedia.org
Marcos Doespiritusanto Gallego y
Helena González Fernández (EDS.): Frente a nosotras y junto a nosotras.
Heroínas, mujeres, cine y moda (con textos e artigos de María Luz Morales)