"Grândola,
Vila Morena
Terra da
fraternidade
O povo é quem
mais ordena
Dentro de ti,
ó cidade
...
...
Em cada
esquina, um amigo
Em cada
rosto, igualdade
Grândola,
Vila Morena
Terra da
fraternidade"
Grândola é unha vila do Alentejo portugués que está a media hora do Atlántico. En portugués podemos conxugar o verbo "grandolar" co significado de interromper intervencións de políticos para protestar sinalando que "o pobo é quem máis ordena"; mesmo existe o nome grandolada para indicar unha protesta. Zeca Afonso (José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos. Aveiro, 2 de
agosto de 1929 - Setúbal, 23 febreiro 1987) e a Revoluçao dos Cravos tiveron que ver con isto. Xosé Afonso compuxo a canción Grândola en homenaxe á Sociedade Musical Fraternidade Operaria Grandolense, pero foi denunciada como unha canción comunista e prohibida polo réxime salazarista. Interpretada en vivo por vez primeira no Burgo das Nacións en Santiago de Compostela, no ano 1972. Na actuación estaba acompañado do seu amigo o cantautor Benedicto García, fundador de Voces Ceibes. En Marzo de 1974, Zeca Afonso conseguiu burlar á censura e interpretou a canción nun concerto no Coliseo de Lisboa. Neste concerto había militares do Movimento das Forzas Armadas portuguesas e escolleron a canción como sinal para a revolución. A consigna era que cando a canción soase na radio, a revolución comezaría; e así foi, sendo emitida pola emisora radio Renasença de Lisboa xa na madrugada do 25 de abril.
A diva do fado portugués Amalia Rodrígues (Lisboa, 23 de xullo de 1920 - 6 de outubro de 1999) grava un vinilo en formato single, titulado Grândola, Vila Morena en 1974, despois da Revoluçao dos Cravos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario