Aurelio Aguirre Galarraga


El murmullo de las olas

Dime, tú, ser misterioso
que en mi ser oculto moras
sin que adivinar consiga
si eres realidad o sombra.
Angel, mujer o delirio,
que bajo distintas formas
a mis ojos apareces
con la noche y con la aurora
y a todas partes me sigues
solícita y cariñosa,
y en todas partes me buscas,
y en todas partes me nombras
y estás conmigo sin velo,
y si duermo, en mi reposas,
y si suspiro, suspiras,
y si triste lloro, lloras…
¡Oh, dímelo!… tú lo sabes…
Dime, visión tentadora:
¿Qué le dice a los que sufren
el murmullo de las olas?


 

Aurelio Aguirre Galarraga naceu en Santiago de Compostela o 23 de abril de abril de 1833. Realizou os estudios de dereito e asumiu compromisos de tipo social cos pobres e mesmo con Galicia. Unha das súas composicións máis destacadas é a titulada A los mártires de Carral. Participou no Banquete de Conxo  con Eduardo Pondal e Luís Rodríguez Seonane. Foi amigo de intelectuais rexionalistas  da época, especialmente de  Rosalía de Castro a quen lle dedicou o soneto titulado Improvisación: “A la Poetisa Dn R. C” como anotou o autor. A circulación de influencias entre ambos poetas debeu ser intensa. “El murmullo de las olas” del poeta Aguirre ten un profundo eco na “negra sombra” rosaliana.

Aurelio morreu afogado na Praia de San Amaro de A Coruña o 30 de xullo de 1858 con tan só 25 anos de edade . Ensayos poéticos (1856-1858) é o título que recolle a obra poética de Aurelio Aguirre, editada póstumamente. No ano 2013 publicouse o libro  Recuerdos de Agosto. Obra poética, 1850-1858, e edición crítica de Olivia Rodríguez profesora da Universidade de A Coruña. O título débese ó mes de agosto que pasou o poeta en Vigo, cidade onde se refuxiou despois dos sucesos do Banquete de Conxo.



 

 

Cando nov@s


                                                                          

“I´d like to be under the sea

In an octopus´s garden in the shade

H´d let us in knows where we´ve been

In his octopus´s garden in the shade

(The Beatles, Octopus´s Garden. Abbey Road, 1969)


             Confeso que eu sempre fun máis de Beatles que de Rolling.  Esta  disxuntiva  acendía discusións entre roqueiros e roqueiras coruñesas nos anos 70, por cal grupo era máis pop ou máis duro. Cinquenta anos despois o fascinante é que moitas e moitos seguimos correndo a vida con música hoxe en día, todos os días.  Está tumorizada no noso cerebro.

     1969, Octopus´s Garden, The Beatles, Abbey Road. O xardín do polbo. Ringo Starr compuxo a canción co seu colega George Harrison. Seique polo ano 69 Ringo andaba por Cerdeña nun barco con Peter Sellers. Estaban rodando una película, The Magic Christian, O Cristiano Máxico. A película está ambientada nunha suposta viaxe nun cruceiro chamado The Magic Christian. Digo suposta, porque en realidade o barco era unha estructura colocada nun almacén e os pasaxeiros nunca sairían de Londres. E que pasada o elenco de actores! Roman Polanski, Yul Brynner, Christopher Lee, Raquel Welch, entre outras xoias. Quen me dera! Talvez podería ter estado alí, no cruceiro, talvez.  Se cadra estivemos noutro cruceiro semellante, se cadra. De todos os xeitos acumulamos tantas vivencias que se amorean como nunha milfollas de merengue das que lle gustan a Xulio, da mítica pastelaría Hildita,  e desoriéntome ás veces. 

      Volvendo ó Cristiano Máxico, o capitán do barco, interpretado por Richard Attenborough, contaba que os polbos viaxan polo fondo do mar e recollen pedras e obxectos brillantes para construiren xardíns. Esta lenda parece que inspiraría ós Beatles para compoñer o tema. Prendo a canción no xiradiscos e mergúllome nun océano cósmico. Nado e nado para atrás, nunha viaxe fantástica ó pasado. Regreso á universidade, ós colegas, ás lecturas, ás pelis, a estar sen un can, á música. Viviamos acelerados, rápido, rápido, moi rápido, entre explosións de guitarras eléctricas dos nosos colegas músicos, vómitos e conversas delirantes. Cando escapabamos da casa, a 45 revolucións por minuto, gorentabamos a liberdade e aloucados na rúa cantabamos inventando que viamos saír televisores disparados polas fiestras e cousas polo estilo!

      Nós, cas nosas “chupas” de coiro, nadando destemidas e nerviosas entre as ondas urbanas. Os cintos e muñequeiras de pinchos brillando altivas e as nosas cabeleiras guerreiras como bandeiras bailando en brazos do vento mareiro. Nas nosas cabezas estouraban letras de cancións, surrealistas, desquiciadas e ritmos frenéticos, convertiamos en himnos as cancións dos grupos favoritos, The Who, The Doors, Clash, Death  Kennedys, Ramones… Eramos adict@s ó rock and roll, a agulla do xiradiscos mollada na pura vea. O Xardín do Polbo na sombra era o lugar de culto onde compartir a felicidade, o alcohol, o fume, as cabradas, a incoherencia, a inocencia. Alí, supostamente a salvo do futuro no noso Cruceiro Máxico. Ademais o lugar era tan intrigante! Pero tamén acolledor e chusqueiro, fermoso, cálido e brillante con sabor a xin tonic salgado, nun ambiente totalmente kitsch.

 E O ROCK NUNCA PARA!

Continuará!