#DíadeRosalía




 “Canta xente…, canta xente

por campiñas e por veigas!

Canta polo mar abaixo

vai camiño da ribeira!

Que lanchas tan ben portadas

con aparellos de festa!

Que botes tan feituquiños

con tan feituquiñas veles!

Todos cargadiños veñen

de xentiña forasteira…”

O 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, a autora fundacional da nosa literatura contemporánea, a escritora que chegou e continúa chegando xeración tras xeración cos seus versos a todos os recantos da nosa terra e máis alá, a literata que “cantou a Galicia seus “doces cantares” (…)
“ Que a´si mo pediron,/ que así mo mandaron / que cante e que cante / na lengua que eu falo”
e asi foi, tal e como afirma no primeiro cantar da súa obra de xuventude, Cantares Gallegos. As galegas e galegos, somos pois afortunadas moi afortunadas.

Valla como sincera homenaxe a lembranza de Cantares Gallegos, a súa obra cume que nos leva a celebrar ano tras ano no mes de maio as nosas Letras, en conmemoración do aniversario da súa publicación un 17 de maio de 1963. O cantar elexido é o cantar VI, trátase dun cantar festivo e alegre, fermosísimo exemplo de composición costumista, inspirado na romaxe da Virxe da Barca. Estamos no verán de 1853 e Galiza está de festa. Rosalía é invitada pola súa amiga Eduarda (a irmá de Eduardo Pondal), a ir en setembro á dita romaría da Nosa Señora da Barca, en Muxía. A través da emotiva mirada da autora de Cantares, sentimos o feitizo desta tradición popular que ela transmite maxistralmente. Rosalía é quen de contaxiarnos a ledicia e o engado da foliada, que imos seguindo a través da voz poética e do ritmo dos versos de feitura popular.

O poema consta de dúas partes, nel relocen a alegría do día, as xentes que chegan polos camiños, as barcas engalanadas, a vestimenta e a música popular, as larpeiradas, a foliada toda está neste cantar, non falta detalle . Na primeira parte, as protagonistas son as mozas, que acoden das diferentes vilas mariñeiras á romería, engalanadas cas mellores prendas e que espertan a admiración dos mozos galáns que as contemplan:

“Por eso se derretían, /cal se fosen de manteiga, / diante de elas os rapaces/ os rapaciños da festa”


Rosalía describe con ledo agarimo as rapazas que veñen das diferentes vilas mariñeiras, as de Muros “caquelas caras de virxe, caquelas caras de almendra”;
as de Camariñas que “visten/ cal rapaciñas gaiteiras,/ saias de vivos colores ” e que están “feitas de sal e canela”.
Non podían faltar as de Cé: “que cariñas tan ben feitas/ cando están coloradiñas / no ruxe-ruxe da festa”; e mais as de Laxe “Vaia unhas mozas aquelas”. E como non as de Noia xunto cas de Rianxo: “As de Noia ben se axuntan / cas graciosas rianxeiras (…) que abofé que en todo pican/ como si fosen pementa”
Na segunda parte do cantar, chegamos por fin a Muxía que “ramo de froles parece”
Entre o son das campás, das gaitas e pandeiros, das “bombas que reventan”, semella que escoitemos as voces felices das mulleres e homes que ateigan o lugar, das ricas “rosquilliñas de almendra”, da limonada ou mesmo da auga fresca que arrefríe as gorxas. Non falta a descrición do altar maior do santuario coa barca e os dous anxos
“na súa barca dourada/ na súa barca pequena/ donde están os dous anxeliños/ dous anxeliños que reman”
Rosalía achéganos tamén a lenda da Virxe da Barca e a tradición de abalar as pedras a base de saltar e bailar sobre elas. A foliada chega ó seu fin, non sen antes facer entrega de presentes á virxe por parte dos romeiros; e así cúmplese o cantar que remata tal e como comezaba ca copliña popular:
“Nosa Señora da Barca

ten o tellado de pedra,

ben o pudera ter de ouro

miña Virxe si quixera”


-Cantares Gallegos. Edición Ricardo Carballo Calero. Anaya, 1969 ( páxs.: 59-67)
-O retrato de Rosalía é unha acuarela realizada pola súa filla Alejandra Murguía de Castro. Depositado na Fundación Rosalía de Castro:
-Cantares Gallegos. Poesía completa ilustrada por Pepe Barro (volumen II)




#DíadeRosalía

 


“Pero es el caso, Eduarda, que los hombres miran a las literatas peor que mirarían al diablo, y éste es un nuevo escollo que debes temer tú que no tienes dote. Únicamente alguno de verdadero talento pudiera, estimándote en lo que vales, despreciar necias y aun erradas preocupaciones; pero… ¡ay de ti entonces!, ya nada de cuanto escribes es tuyo, se acabó tu numen, tu marido es el que escribe y tú la que firmas.”




“Las literatas. Carta a Edurarda” é un breve ensaio publicado no Almanaque de Galicia, en Lugo no ano 1865, nel Rosalía reflexiona sobre a difícil e inxusta situación na que se atopaban as escritoras durante o s. XIX, de invisibilidade ou subordinación ós autores masculinos. Na “Carta a Eduarda” Rosalía reacciona contra dos prexuízos sociais que impedían á muller dedicarse á literatura e reivindica o seu papel de literata criticando con certeira ironía ós incompetentes que desprezan o labor literario das donas:
“los que tal murmuran saben olvidarse, en cambio, de que no han nacido más que para tragar el pan de cada día y vivir como los parásitos”


Os dous retratos son da fotógrafa María Cardarelly. O da dereita é do arquivo da RAG e o da esquerda pertence á Fundación Rosalía de Castro.

 

"Observemos lo que saben y lo que hacen un farmacéutico, un abogado, un médico, un notario, un catedrático, un sacerdote, un empleado, vulgares, de la talla común; observemos bien, sin preocupación, en conciencia, y digamos si no puede una mujer aprender lo que ellos saben y hacer lo que ellos hacen"  (La mujer del porvenir, 1869)

 

                     Na celebración do Xoves de Comadres do pasado ano, as Comadres Cigarreiras fixemos un alto no noso percorrido polas rúas da cidade coruñesa diante da estatua de Concepción Arenal nos xardíns de Méndez Núñez, ca intención de rendir a nosa humilde e alegre homenaxe a esta gran muller.  Cumplíase entón o bicentenario do seu nacimento;  Concepción naceu en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820.  Queriamos, e queremos, expresar a nosa admiración polo seu  grande labor en defensa das mulleres, dos pobres, dos necesitados, dos presos, é non era para menos! A ferrolana foi unha muller botada para adiante, abofé; lembremos a famosa historia de cómo conseguiu poder asistir ás aulas na Facultade de Dereito en Madrid nun momento no que non se permitía a entrada ás mulleres. Grazas a afouta artimaña de se disfrazar de home para entrar, conseguíu que o reitor a permitise asistir a clase, aínda que fose nun aula separada. A fazaña, lembrade, foi emulada por unha das comadres que vestiu roupas de home conforme ca ocasión.  Nun mundo en que todo funcionaba á medida dos homes era toda unha conquista. Tratábase dun primeiro paso moi importante na conquista de dereitos. E diso se trataba,  pois tal era o seu esforzo desenvolvido en defensa do dereito da muller a recibir formación académica e preparación para o desempeño dun traballo, independentemente da condición de solteira, casada ou viúva. Foi unha auténtica pioneira. Non debemos esquecer tampouco o seu esforzo en prol de mellorar a situación das mulleres presas, e tamén dos homes e contra da pena de morte.


Corría o ano de 1863 cando Concepción foi nomeada “inspectora de cárceres”, convertíndose así na primeira muller que desempeñaría esta tarefa. Debemos considerar dito ano como un ano glorioso para a nosa  terra, pois podemos celebrar un dobre acontecimento feliz, xunto ó nomeamento de Concepción estaba a publicación da obra cume das nosas letras, Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Concepción Arenal ía loitar duro para conseguir mellorar  as condicións de vida das presas e mesmo dos fillos delas. Na Coruña, na céntrica rúa de Galeras, había un cárcere de mulleres (galeras era como se denominaban estes cárceres) e Concepción e a súa boa amiga, a condesa de Espoz y Mina, Xoana de Vega, fundaron unha sociedade para socorrer ás mulleres presas, a Sociedade da Magdalena, ubicada no mesmo edificio onde estaba a prisión, por ese motivo as reclusas coruñesas eran coñecidas como as “Magdalenas.” Ambas mulleres conseguiron que estas mulleres recibisen mellor trato e alimentación e inclusive puidesen realizar traballos remunerados, entre outros logros. Concepción Arenal ocupábase ademáis de outro aspecto moi importante, como  o de dar recomendacións e amparo ás prisioneiras, para tal fin escribíalles cartas nas que trataba de instruílas e aconsellalas sobre aspectos xurídicos relacionados cos delitos que cometeran. Cando ía visitalas levaba consigo esas cartas e a súa boa amiga Xoana de Vega era quen llelas lía. 


O seu esforzo foi continuo durante toda a súa vida denunciando constantemente a condición da muller no s.XIX e por este motivo é considerada unha precursora do feminismo en España. A súa obra “La mujer del porvenir” é clave para entender o seu pensamento contrario á inferioridade das mulleres, pensamento imperante na sociedade patrical na que vivía, insistindo sempre na necesidade do acceso das mulleres a todos os niveis educativos.

                “Es un error grave y de los más perjudiciales, inculcar a la mujer que su misión única es la de esposa y madre” equivale a decirle que por sí no puede ser nada, y aniquilar en ella su yo moral e intelectual, preparándola con absurdos deprimentes a la gran lucha de la vida, lucha  que no suprimen, antes la hacen más terrible, los mismos que la privan de fuerzas para sostenerla (“La educación de la mujer” publicado en el Boletín de la Institución Libre de Enseñanza, 1892)





Por último queremos sinalar que a nosa benefactora practicou tamén a creación literaria en verso, tal é o caso das súas xeniais e simpáticas Fábulas en verso: originales, asinadas por Concepción Arenal de Carrasco (Madrid, 1851). Sirva como exemplo a fábula XXV:





EL ANTEOJO

Juan y Pedro, una disputa

Trabaron estrepitosa,

Sobre si grande una cosa

Era, ó si era diminuta

La mano en el corazón

Juraban decir verdad

Ambos con sinceridad,

Y uno solo con razón

Miraban con anteojo

Estando todo el secreto

En que el vidrio dei objeto

Aplicaba Juan á el ojo.

—¡Que es muy grande, voto a Cristo

Esclamaba , miente el culto.

No es error, es un insulto

Negarme lo que yo he visto.

Y no le hicieran creer

Aun rompiéndole la crisma.

Que no es una cosa misma

El tener ojos y el ver.

NECIO QUE LAS COSAS VES

DEL SABIO EN CONTRADICCIÓN,

¿HABRÁ EN TU ORGANIZACIÓN

UN ANTEOJO AL REVÉS?

Arenal morreu na cidade de Vigo o 4 de febreiro de 1893 a edade de 73 e para despedir a esta ilustre muller,  facémonos eco da súa celebre proclama “abrid escuelas y se cerrarán cárceles”

 

-La mujer del porvenir, Concepción Arenal. Colección As Precursoras, edit. La Voz de Galicia

-Imaxes: http://www.cervantesvirtual.com/portales/concepcion_arenal/imagenes_album/

-Raquel Vázquez Ramil (2006). «La Institución Libre de Enseñanza y su aportación a la educación de la mujer española»www.ciudaddemujeres.com. Archivado desde el original

- el Diario El Mundo (3 de marzo de 2012): «'La visitadora de cárceles', el compromiso con la justicia de Concepción Arenal»10 de agosto de 2016

-http://www.cervantesvirtual.com/portales/concepcion_arenal/