#DíadeRosalía

 

  


         “mais o que me conmoveu sempre, e polo tanto non podía deixar de ter un eco na miña poesía, foron as innumerables coitas das nosas mulleres: criaturas amantes para os seus e os estraños, cheas de sentimento, tan esforzadas de corpo, como brandas de corazón e tamén tan desdichadas que se dixeran nadas solamentes para rexer cantas fatigas poidan afrixir, á parte mais froxa e inxel da humanidade. No campo compartindo mitade por mitade cos seus homes as rudas faenas, na casa soportando valerosamente as ansias da maternidade, os traballos domésticos e as arideces da probeza. Soias ó mais do tempo, tendo que traballar de sol a sol, e sin axuda pra mal manterse, pra manter os seus fillos, e quisais o pai valetudinario, parecen condenadas a non atoparen nunca reposo se non na tomba.
   A emigrazón e o Rey arrebátanlles de contino, o amante, o hirmán, o seu home, sostén da familia decote numerosa, e así, abandonadas, chorando o seu desamparo, pasan a amarga vida antre as incertidumbres da esperanza, a negrura da soidade e as angustias dunha perene miseria.” (Prólogo de Follas Novas)
 

Estas palabras escribía Rosalía de Castro (Santiago, 24 de febreiro de 1837- Padrón, 15 de xullo de 1885) no prólogo en prosa de Follas Novas: “Dúas palabras da autora”. Este poemario sería a súa derradeira obra escrita en galego. Aínda que o libro foi publicado en 1880, moitos dos seus poemas foran compostos dez anos antes (“escritos no deserto de Castilla”)  na localidade de Simancas (Valladolid), onde residía debido ó traballo de Murguía como director do Arquivo Xeral. No fragmento do limiar que vemos no inicio, Rosalía deixa claro, a través da súa excepcional capacidade expresiva, a súa identificación e compromiso cas mulleres da nosa terra.


-O debuxo de Rosalía de Castro é da autoría da súa filla máis vella, Alejandra Murguía (Santiago, 12,V, 1859-Coruña, 22, III, 1937)

Ningún comentario: