"Observemos
lo que saben y lo que hacen un farmacéutico, un abogado, un médico, un notario,
un catedrático, un sacerdote, un empleado, vulgares, de la talla común;
observemos bien, sin preocupación, en conciencia, y digamos si no puede una
mujer aprender lo que ellos saben y hacer lo que ellos hacen" (La mujer del porvenir, 1869)
Na celebración do Xoves de Comadres do pasado ano, as Comadres Cigarreiras fixemos un alto no noso percorrido polas rúas da cidade coruñesa diante da estatua de Concepción Arenal nos xardíns de Méndez Núñez, ca intención de rendir a nosa humilde e alegre homenaxe a esta gran muller. Cumplíase entón o bicentenario do seu nacimento; Concepción naceu en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820. Queriamos, e queremos, expresar a nosa admiración polo seu grande labor en defensa das mulleres, dos pobres, dos necesitados, dos presos, é non era para menos! A ferrolana foi unha muller botada para adiante, abofé; lembremos a famosa historia de cómo conseguiu poder asistir ás aulas na Facultade de Dereito en Madrid nun momento no que non se permitía a entrada ás mulleres. Grazas a afouta artimaña de se disfrazar de home para entrar, conseguíu que o reitor a permitise asistir a clase, aínda que fose nun aula separada. A fazaña, lembrade, foi emulada por unha das comadres que vestiu roupas de home conforme ca ocasión. Nun mundo en que todo funcionaba á medida dos homes era toda unha conquista. Tratábase dun primeiro paso moi importante na conquista de dereitos. E diso se trataba, pois tal era o seu esforzo desenvolvido en defensa do dereito da muller a recibir formación académica e preparación para o desempeño dun traballo, independentemente da condición de solteira, casada ou viúva. Foi unha auténtica pioneira. Non debemos esquecer tampouco o seu esforzo en prol de mellorar a situación das mulleres presas, e tamén dos homes e contra da pena de morte.
Corría o ano de 1863 cando Concepción foi nomeada “inspectora de cárceres”, convertíndose así na primeira muller que desempeñaría esta tarefa. Debemos considerar dito ano como un ano glorioso para a nosa terra, pois podemos celebrar un dobre acontecimento feliz, xunto ó nomeamento de Concepción estaba a publicación da obra cume das nosas letras, Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Concepción Arenal ía loitar duro para conseguir mellorar as condicións de vida das presas e mesmo dos fillos delas. Na Coruña, na céntrica rúa de Galeras, había un cárcere de mulleres (galeras era como se denominaban estes cárceres) e Concepción e a súa boa amiga, a condesa de Espoz y Mina, Xoana de Vega, fundaron unha sociedade para socorrer ás mulleres presas, a Sociedade da Magdalena, ubicada no mesmo edificio onde estaba a prisión, por ese motivo as reclusas coruñesas eran coñecidas como as “Magdalenas.” Ambas mulleres conseguiron que estas mulleres recibisen mellor trato e alimentación e inclusive puidesen realizar traballos remunerados, entre outros logros. Concepción Arenal ocupábase ademáis de outro aspecto moi importante, como o de dar recomendacións e amparo ás prisioneiras, para tal fin escribíalles cartas nas que trataba de instruílas e aconsellalas sobre aspectos xurídicos relacionados cos delitos que cometeran. Cando ía visitalas levaba consigo esas cartas e a súa boa amiga Xoana de Vega era quen llelas lía.
O seu esforzo foi continuo durante toda a súa vida denunciando constantemente a condición da muller no s.XIX e por este motivo é considerada unha precursora do feminismo en España. A súa obra “La mujer del porvenir” é clave para entender o seu pensamento contrario á inferioridade das mulleres, pensamento imperante na sociedade patrical na que vivía, insistindo sempre na necesidade do acceso das mulleres a todos os niveis educativos.
“Es un error grave y de los más perjudiciales, inculcar a la mujer que su misión única es la de esposa y madre” equivale a decirle que por sí no puede ser nada, y aniquilar en ella su yo moral e intelectual, preparándola con absurdos deprimentes a la gran lucha de la vida, lucha que no suprimen, antes la hacen más terrible, los mismos que la privan de fuerzas para sostenerla (“La educación de la mujer” publicado en el Boletín de la Institución Libre de Enseñanza, 1892)
Por último queremos sinalar que a nosa benefactora practicou tamén a creación literaria en verso, tal é o caso das súas xeniais e simpáticas Fábulas en verso: originales, asinadas por Concepción Arenal de Carrasco (Madrid, 1851). Sirva como exemplo a fábula XXV:
EL ANTEOJO
Juan y Pedro, una disputa
Trabaron estrepitosa,
Sobre si grande una cosa
Era, ó si era diminuta
La mano en el corazón
Juraban decir verdad
Ambos con sinceridad,
Y uno solo con razón
Miraban con anteojo
Estando todo el secreto
En que el vidrio dei objeto
Aplicaba Juan á el ojo.
—¡Que es muy grande, voto a Cristo
Esclamaba , miente el culto.
No es error, es un insulto
Negarme lo que yo he visto.
Y no le hicieran creer
Aun rompiéndole la crisma.
Que no es una cosa misma
El tener ojos y el ver.
NECIO QUE LAS COSAS VES
DEL SABIO EN CONTRADICCIÓN,
¿HABRÁ EN TU ORGANIZACIÓN
UN ANTEOJO AL REVÉS?
Arenal morreu na cidade de Vigo o 4 de febreiro de 1893 a edade de 73 e para despedir a esta ilustre muller, facémonos eco da súa celebre proclama “abrid escuelas y se cerrarán cárceles”
-La mujer del porvenir, Concepción Arenal. Colección As Precursoras, edit. La Voz de Galicia
-Imaxes: http://www.cervantesvirtual.com/portales/concepcion_arenal/imagenes_album/
-Raquel Vázquez Ramil (2006). «La Institución Libre de Enseñanza y su aportación a la educación de la mujer española». www.ciudaddemujeres.com. Archivado desde el original
- el Diario El Mundo (3 de marzo de 2012): «'La visitadora de cárceles', el compromiso con la justicia de Concepción Arenal»10 de agosto de 2016
-http://www.cervantesvirtual.com/portales/concepcion_arenal/
Ningún comentario:
Publicar un comentario