#conNomedeMuller: aniversario da fundación da RAG

 

           

Logo da Academia: RECOLLE, LIMPA E INNOVA

        “De cuantos actos públicos he tomado parte en mi ya larga vida, ninguno fue tan grato a mi corazón como lo es el presente, tanto por lo que representa como por lo que importa a nuestro país”

Con estas palabras Manuel Murguía comezaba o seu discurso como presidente da Academia Galega o 30 de setembro de 1906, no acto oficial de inauguración celebrado no salón de festas da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña. Murguía sería presidente desde ese ano ata 1923.  O obxectivo principal da Academia consistía dende entón en “darlle unidade ao idioma galego mediante a publicación dunha gramática e dun dicionario”.  A Academía crea ademáis nese mesmo ano o “Boletín” como ínstrumento oficial para publicar traballos científicos, artigos sobre diferentes materias de lingua, literatura, historia…, actividades, noticias, funcionamento… No Boletín  número 2 de 1906 publícase a relación de nomeamentos dos académicos. Entre os académicos de número, que son os que asumen as función de gobernó, non figuraba ningunha muller. Emilia Pardo Bazán foi designada presidenta honoraria da institución e entre os  académicos correspondentes aparecían nomeadas as seguintes autoras:

Emilia Calé Torres, Sofía Casanova, Clara Corra, Rita Corral, Filomena Dato, Fanny Garrido, Elisa Lestache, Sarah Lorenzana, Marquesa de Ayerba, Carolina Michaelis de Vasconcellos, Hipólita Muiño, Ramona Peña de Castro López Mercedes Tella e Mercedes Vieito Bouza (Habana)

Na hemeroteca da RAG atopamos a reprodución do artigo que a escritora Hipólita Muiño publicou baixo o pseudónimo de Valentina Lago-Valladares, sobre o acto de inauguración no semanario Revista Gallega, dirixida por Galo Salinas, o 28 de outubro de 1906 (número 606). O artigo titulábase  “A inauguración da nosa Academia Gallega e estaba escrito integramente en galego:

"Encomenzou o acto, e n'aquel escenario onde se xuntaban un fato de académicos e escritores e de verdadeiros gallegos, parecíame un niño de paxariños que cantaban n-as arboredas e nos pinares n-as escuras tardes de outono”.

Na sesión de inauguración foi lida polo académico Lugrís Freire a poesía  “Amor d´a patria” dun dos fundadores da Academia Valentín Lamas Carvajal que falecera o día 4 de setembro.

Amor d' a terra, ben haxas sempre!
¡Ou sentemento subrime e dolce,
ti non nos deixas nin n-a desgracia;
n-as nosas almas, ti nunca morres!”

Na actualidade a Academia está composta por 30 membros plenarios dos que só oito son mulleres.

 


Fontes consultadas

RAG: Páxina Web, hemeroteca e BRAG.

Ningún comentario: