IV. Mocedade!
Agora
compre-vos dicir, mozos d´a nosa Terra, si pensades seguir indo costa abaixo
pol-o tempo ou encarados
c´o porvir.
Si queredes libertar-vos d´o xerme d´a vellez e d´a morte. Si
queredes adonar-vos d´a vosa mocedade ou siguir sacrificando-a n-un altar de
Mitos e Fracasos.
Compre romper a marcha pol-a mesma estrada que fagamos c´os nosos
pasos, e afrontar en ela unha peligrinaxe sin chegada, porque en cada relanzo
d´o camiño agardanos unha voz que nos berra: Máis alá!
(Manifesto Máis alá por Álvaro Cebreiro e Manoel-Antonio, San Xoán- 1922)

O 26 de maio
de 1903 nacía na rúa coruñesa de Linares Rivas o debuxante Álvaro Cebreiro
Martínez. Xa desde moi novo comeza a destacar como debuxante, con tan só 16
anos comeza a colaborar ca revista A Nosa Terra das Irmandades da Fala, facendo
caricaturas de xentes do mundo da cultura. E durante eses anos de mocedade
cando coñece a Manoel Antonio e mesmo a Ramón Cabanillas para quen ilustrou o
seu poemario Vento Mareiro. A partir deste momento traballa en diferentes revistas
e mesmo con editoriais como ilustrador. No ano 1922 publica xunto a Manoel Antonio o manifesto
Máis alá que marcará un fito dentro da cultura galega, posicionándoa dentro do
vangardismo europeo. Ambos artístas postulan a ruptura cos vellos xeitos de crear xunto a unha
auténtica renovación das artes. A partir deses anos
aumentan as publicacións e Cebreiro chega a ser director artístico da
revista lucense Ronsel, colaborador habitual tamén da coruñesa revista Alfar. Os
seus deseños chegaron a periódicos como
El Sol, un dos xornais máis importantes no Madríd da época. Cebreiro en 1928
viaxa a París, onde foi a completar a súa formación. Alí reside durante máis
dun ano, traballando como debuxante. Ó
seu regreso, o ilustrador xa tiña un amplo currículo profesional e artístico. A
obra de Álvaro, fortemente influenciado por Castelao e polas vangardas artísticas, baséabase fundamentalmente na creación de historias de banda
deseñada, carteis e ilustracións, pero Cebreiro é sobre todo un caricaturista,
técnica que dominaba con mestría, que mostraba á perfección ós personaxes que
caricaturiza, collendo os rasgos que mellor definían a cada personaxe.

Durante a II
República colabora cos republicáns da cidade e publica en distintos medios. A partir
da guerra civil Cebreiro deixa de publicar os seus deseños. Moitos dos seus
amigos foran asasinados, outros exiliáronse e el comezaría un exilio interior do
que non sairía ata catorce anos despois.
En 1949 inicia as súas colaboracións no xornal El Ideal Gallego
con tiras humorísticas nas que reflexaba as carencias da vida rural e urbana
dunha Galicia de posguerra. Neste xornal continuaría publicando ininterrumpidamente ata a súa morte. En 1953 é nomeado académico da Academia Provincial
de Bellas Artes de A coruña. Álvaro Cebreiro morría na Coruña no ano 1956 a
edade de 53 anos.
A Real
Academia Galega homenaxeou ó artista en 2017 no Día da Ilustración (30 de
xaneiro)
A Marea Atlántica de A Coruña utiliza un cartel deseñado por Álvaro Cebreiro, suprimindo parte do texto e galeguizando o nome da cidade
 |
Publicado en La Voz de Galicia |
Fontes: Museo de Bellas Artes de A Coruña e Real Academia Galega
..
Ningún comentario:
Publicar un comentario