"Observemos
lo que saben y lo que hacen un farmacéutico, un abogado, un médico, un notario,
un catedrático, un sacerdote, un empleado, vulgares, de la talla común;
observemos bien, sin preocupación, en conciencia, y digamos si no puede una
mujer aprender lo que ellos saben y hacer lo que ellos hacen" (La mujer del porvenir, 1869)
Na celebración do Xoves de
Comadres do pasado ano, as Comadres Cigarreiras fixemos un alto no noso
percorrido polas rúas da cidade coruñesa diante da estatua de Concepción Arenal
nos xardíns de Méndez Núñez, ca intención de rendir a nosa humilde e alegre
homenaxe a esta gran muller. Cumplíase
entón o bicentenario do seu nacimento;
Concepción naceu en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820. Queriamos, e queremos, expresar a nosa
admiración polo seu grande labor en
defensa das mulleres, dos pobres, dos necesitados, dos presos, é non era para
menos! A ferrolana foi unha muller botada para adiante, abofé; lembremos a
famosa historia de cómo conseguiu poder asistir ás aulas na Facultade de
Dereito en Madrid nun momento no que non se permitía a entrada ás mulleres.
Grazas a afouta artimaña de se disfrazar de home para entrar, conseguíu que o
reitor a permitise asistir a clase, aínda que fose nun aula separada. A fazaña,
lembrade, foi emulada por unha das comadres que vestiu roupas de home conforme
ca ocasión. Nun mundo en que todo
funcionaba á medida dos homes era toda unha conquista. Tratábase dun primeiro
paso moi importante na conquista de dereitos. E diso se trataba, pois tal era o seu esforzo desenvolvido en
defensa do dereito da muller a recibir formación académica e preparación para o
desempeño dun traballo, independentemente da condición de solteira, casada ou
viúva. Foi unha auténtica pioneira. Non debemos esquecer tampouco o seu esforzo
en prol de mellorar a situación das mulleres presas, e tamén dos homes e contra
da pena de morte.

Corría o ano de
1863 cando Concepción foi nomeada “inspectora de cárceres”, convertíndose así
na primeira muller que desempeñaría esta tarefa. Debemos considerar dito ano
como un ano glorioso para a nosa terra,
pois podemos celebrar un dobre acontecimento feliz, xunto ó nomeamento de
Concepción estaba a publicación da obra cume das nosas letras, Cantares
Gallegos de Rosalía de Castro. Concepción Arenal ía loitar duro para conseguir
mellorar as condicións de vida das
presas e mesmo dos fillos delas. Na Coruña, na céntrica rúa de Galeras, había
un cárcere de mulleres (galeras era como se denominaban estes cárceres) e
Concepción e a súa boa amiga, a condesa de Espoz y Mina, Xoana de Vega,
fundaron unha sociedade para socorrer ás mulleres presas, a Sociedade da
Magdalena, ubicada no mesmo edificio onde estaba a prisión, por ese motivo as
reclusas coruñesas eran coñecidas como as “Magdalenas.” Ambas mulleres
conseguiron que estas mulleres recibisen mellor trato e alimentación e inclusive
puidesen realizar traballos remunerados, entre outros logros. Concepción Arenal
ocupábase ademáis de outro aspecto moi importante, como o de dar recomendacións e amparo ás prisioneiras,
para tal fin escribíalles cartas nas que trataba de instruílas e aconsellalas
sobre aspectos xurídicos relacionados cos delitos que cometeran. Cando ía
visitalas levaba consigo esas cartas e a súa boa amiga Xoana de Vega era quen
llelas lía.

O seu esforzo foi continuo durante toda a súa vida denunciando
constantemente a condición da muller no s.XIX e por este motivo é considerada
unha precursora do feminismo en España. A súa obra “La mujer del porvenir” é
clave para entender o seu pensamento contrario á inferioridade das mulleres,
pensamento imperante na sociedade patrical na que vivía, insistindo sempre na
necesidade do acceso das mulleres a todos os niveis educativos.
“Es un error grave y de los más
perjudiciales, inculcar a la mujer que su misión única es la de esposa y madre”
equivale a decirle que por sí no puede
ser nada, y aniquilar en ella su yo moral e intelectual, preparándola con
absurdos deprimentes a la gran lucha de la vida, lucha que no suprimen, antes la hacen más terrible,
los mismos que la privan de fuerzas para sostenerla (“La educación
de la mujer” publicado en el Boletín de la Institución Libre de Enseñanza,
1892)
Por último
queremos sinalar que a nosa benefactora practicou tamén a creación literaria en
verso, tal é o caso das súas xeniais e simpáticas Fábulas en verso: originales,
asinadas por Concepción Arenal de Carrasco (Madrid, 1851). Sirva como exemplo a
fábula XXV:
EL
ANTEOJO
Juan
y Pedro, una disputa
Trabaron
estrepitosa,
Sobre
si grande una cosa
Era,
ó si era diminuta
La
mano en el corazón
Juraban
decir verdad
Ambos
con sinceridad,
Y
uno solo con razón
Miraban
con anteojo
Estando
todo el secreto
En
que el vidrio dei objeto
Aplicaba
Juan á el ojo.
—¡Que
es muy grande, voto a Cristo
Esclamaba
, miente el culto.
No
es error, es un insulto
Negarme
lo que yo he visto.
Y no
le hicieran creer
Aun
rompiéndole la crisma.
Que
no es una cosa misma
El
tener ojos y el ver.
NECIO QUE LAS COSAS VES
DEL SABIO EN CONTRADICCIÓN,
¿HABRÁ EN TU ORGANIZACIÓN
UN ANTEOJO AL REVÉS?
Arenal morreu na
cidade de Vigo o 4 de febreiro de 1893 a edade de 73 e para despedir a esta
ilustre muller, facémonos eco da súa
celebre proclama “abrid escuelas y se cerrarán cárceles”
-La mujer del porvenir, Concepción Arenal. Colección As
Precursoras, edit. La Voz de Galicia
-Imaxes: http://www.cervantesvirtual.com/portales/concepcion_arenal/imagenes_album/
-Raquel Vázquez Ramil
(2006). «La Institución Libre de Enseñanza y su
aportación a la educación de la mujer española». www.ciudaddemujeres.com.
Archivado desde el
original
- el Diario El Mundo
(3 de marzo de 2012): «'La
visitadora de cárceles', el compromiso con la justicia de Concepción Arenal»10 de agosto de 2016
-http://www.cervantesvirtual.com/portales/concepcion_arenal/