#conNomedeMuller, Xoana de Vega

 


      «Conociendo el bien que ha de proporcionar el establecimiento de una Escuela Teorico practica de Agricultura, en todos sus ramos de que carece Galicia con gran perjuicio suyo, es mi voluntad que la casa y granja de San Pedro de Nos llamada la «Carballeyra», de sembradura de más de cien ferrados, con el agregado de los dos prados de Baltar que lindan con la misma, las dos casas principal y para colono y todas sus dependencias se dediquen á este objeto á cuyo fin le agrego todos los demas bienes que poseo, separadas las mandas que dejo en usufructo, y que concluida la vida de los usufructuarios, han de concurrir con todo lo demas al sostenimiento de la Escuela y á cubrir algun pequeño deficit de la de parvulos si lo tuviere”.

Anotamos este pequeno fragmento do testamento redactado por Xoana de Vega no 149 aniversario da súa morte.  Nel recóllense os seus desexos de que levasen a diante o proxecto dunha escola de agricultura, que se construiría  na finca de A Carballeira en Nós, onde tiñan unha casa familiar na que pasaban as vacacións os Vega; proxecto que finalmente ela non puido ver realizado en vida.

Esta é unha mostra entre as moitas que poderiamos citar como exemplo da xenerosidade desta  grande coruñesa que con razón recibirá en vida o título de Duquesa da Caridade con Grandeza de España, a pesar de que ela rexeitase todos os títulos e grandezas a cambio de que o pobo tivese “pan y trabajo”.

Xoana María de Vega e Martinez naceu na cidade de A Coruña no ano 1805 no seo dunha familia liberal de orixe humilde. O seu pai conseguiu unha grande prosperidade grazas os negocios mercantis que realizou en Cuba. Xoana recibiu unha completa formación en Letras e Humanidades e casou moi nova co militar tamén liberal, Francisco Espoz y Mina, con quen conviviu durante quince anos até o falecimento deste.

Institutriz da nena que se convertiría na raíña Isabel II, anfitriona dos liberais coruñeses na súa casa de A Coruña, benefactora e protectora das persoas necesitadas, enfermas, das mulleres presas. Colaborou con Concepción Arenal da que foi grande amiga, nas súas empresas, como a loita contra a pena de morte. Sabido é o importante das súas visitas ó cárcere coruñés de mulleres, coñecido como Galeras, en compañía de Concepción Arenal, para lles prestar auxilio e asesoramento. E poderiamos seguir anotando aquí mostras da súa grandeza.



En relación coa nosa  lingua e cultura hai que destacar o seu papel de mecenas, promovendo os primeiros Xogos Florais de A Coruña, xunto a outro mecenas, Pascual López Cortón e os escritores Benito Vicetto e Antonio de la Iglesia. Os Xogos Florais supuxeron a inicio do Rexurdimento do noso idioma e cultura. A publicación Album de la Caridad que seguiu ós Xogos e que se convertiríana primeira antoloxía do Rexurdimento literario, levaba na portada unha dedicatoria dirixida á presidenta da Asociación de Beneficencia da Coruña, que era a propia Xoana; dita Asociación ademais ía recibir como doazón dos beneficios da edición do volume que serían empregados en obras de beneficencia.

Xoana María de la Vega Martinez falecía na cidade de A Coruña un 22 de Xuño de 1872. Os seus restos mortais descansan no cemiterio coruñés de San Amaro xunto co corazón do seu home. na lápida figura a seguinte lenda:

 Aquí yacen los restos mortales de D. Juan Antonio de la Vega, Dª Josefa Martínez y Dª Juana Mª de la Vega y Martínez, viuda del General D. Francisco Espoz y Mina, cuyo corazón se halla aquí”.

 


O retrato de Xoana é do ilustrador catalán José Passos Valero (1862-1928).  José Passos tamén ilustrou a novela El tesoro de Gastón de Emilia Pardo Bazán.

 

-https://juanadevega.org/es/

 

 

Ningún comentario: