“Quiero,
Galicia, en tu adorado seno
mi tristeza cantar,
tú que vives cual yo desventurada,
tú me comprenderás.”
En lembranza da escritora e xornalista Sofía
Guadalupe Pérez Casanova (Almeiras, Culleredo;30 11- 1861/ Polonia, 16-1-1958) que
levou unha vida singular e arriscada, desenvolvendo múltiples facetas e actividades
durante a vida. Ademais de ser unha muller pioneira do periodismo e deixar
escritas centos de crónicas e artigos espallados por diversos periódicos (por
citar algúns: El Liberal, el Imparcial de Madrid, a revista Galicia, a Gazeta
Polska, o New York Times… destacando neste eido o seu traballo como
correspondente para o ABC). Sofía cubriu as guerras mundiais e a Revolución
Rusa, era ela quen informaba a España dos acontecimentos. Pero non só foi xornalista, durante
a súa etapa de correspondente de guerra durante a Primeira Mundial faise
enfermeira en Varsovia axudando ós soldados feridos nos combates. Non todo foron
luces na traxectoria de Casanova, a partir da Guerra Civil de 1936 posicionouse
ó lado de Franco escribindo artigos en
defensa do réxime golpista.
Outra das súas facetas, importantísima, foi a literaria na que alcanzou grande recoñecemento. En 1906 cando se crea a Real Academia Galega é nomeada correspondente, en 1925 o seu nome é un dos propostos para o premio Nobel de Literatura e en 1952 convírtese en académica de honra da RAG. Como escritora practicou todos os xéneros, novela, conto, teatro, comezando pola poesía. Sofía Casanova participaba nas tertulias literarias madrileñas (cidade á que vai a vivir con doce anos) e estaba moi ben relacionada cas figuras relevantes da época, ata o punto de que o propio monarca Afonso XII costeoulle a edición do seu primeiro libro de poemas “Poesías”. A súa relación co teatro tamén foi destacada pois como actriz formou parte do elenco de actrices e actores do Teatro Español e posteriormente do madrileño Teatro da Zarzuela sendo moi nova (1878-1881). Nos círculos literarios coñeceu ó filósofo e diplomático polaco Winzenty Lutoslawski con quen casaría e con quen se trasladaría a vivir a Polonia. A nosa correspondente tería entón a oportunidade de viaxar constantemente por Europa, debido ó traballo do seu home, circunstancia que Sofía aproveitaría para aprender seis idiomas, que lle valerían para a súa actividade de tradutora. A parella Casanova-Lutolawski tivo catro fillas e a derradeira, Halina, nacería en Galicia. Antes de nacer Halina, morreu unha das nenas, a máis cativa e parece que Sofía entrou nunha depresión. O seu home pensou que lle viría ben regresar á terra natal e así foi.
No ano
1896 a parella chegaba a Galicia e instalábase na pequena aldea de Mera, en
Oleiros. Alugaron unha casa situada frente ó mar, no paseo marítimo, e viviron
en Mera durante case dous anos e foi aquí onde naceu Halina. Nesa época
seguramente que revolucionaron o panorama desta aldeiña mariñeira, as
extravagancias do seu home e as reunións sociais que organizaban, ben certo que
non pasarían en absoluto desapercibidas, estando vivas aínda na memoria dos
máis vellos do lugar. Importantes personalidades intelectuais da época acudían ás reunión sociais que a
parella organizaba e por outra parte existiría a posibilidade de encontro con
outras grandes mulleres que tamén veraneaban en lugares próximos como Emilia
Pardo Bazán, na granxa de Meirás, Fanni Garrido en Santa Eulalia de Liáns ou
Filomena Dato en Moruxo (Bergondo) e Sada. Casanova regresou a Polonia
pero volveu a veranear a Mera en
ocasións posteriores alugando diferentes casas todas frente ó mar como na
Hospedaxe Miramar, edificio que aínda segue en pé. Parece ser que a escritora
acudíu a Coruña en ocasións para participar nas tertulias de A Cova Céltica.
A produtora
Servicios Audiovisuais Galegos, SAGA TV realizou o documental “A maleta de
Sofía”, dirixida por Marcos Gallego, no que analiza a vida e obra de Sofía
Casanova. Foi estreada no ano 2011, cando se cumplían 150 anos do seu
nacemento.
«Sofía Guadalupe Pérez Casanova | Real Academia de la
Historia»
Sofía Casanova, la primera corresponsal de guerra
historia.nationalgeographic.com.es › sofia-casanova-pri...
La
historia de Sofía Casanova y su entrevista a Trotsky - ABC.eswww.abc.es ›
cultura › abci-
Ningún comentario:
Publicar un comentario