“O dr. Jenner realizando a súa primeira vacinación, 1976” (óleo sobre lenzo) é do pintor Ernest Board (Wellcome Library, United Kingdom) |
Érase unha vez unha muller que tiña moitos nomes: Isabel Cendalla y Gómez, Isabel Cendales, Isabel Gómez Sandalla, tamén o de Isabel López Gandalia como aparecía na rúa de A Coruña dedicada á súa memoria, e algúns máis ata que finalmente pevaleceu o de Isabel Zendal Gómez e así é como a coñecemos hoxe.
Sábese que en 1771 nacía Isabel Zendal en Órdes. Segundo informa o periodista coruñés Antonio López Mariño, quen gañou o Premio Carracedo de xornalismo en 2015 co traballo de investigación “ Isabel Zendal Gómez, en los archivos de Galicia”, esta naceu na aldea de Agrela de Arriba na parroquia de Santa Mariña de Parada (Ordes) no seo dunha familia moi moi pobre e que sendo unha mociña veu á Coruña para intentar gañarse a vida. Sábese que con 20 anos, comezou a traballar na Casa de Expósitos do Hospital da Caridade, na Inclusa (obra que por certo fora financiada cos bens da coruñesa Teresa Herrera e Pedrosa) e da que chegaría a ser a rectora algún tempo despois. Isabel cuidaba dos cativos que eran “expostos” no torno do Hospital. Cun salario de 30 reais e unha libra diaria de pan e mais un extra mensual de 16 reais máis por facer arreglos e remendos na roupa dos expósitos. Alén diso recibiría media libra de pan e de carne para o seu fillo e doces e froitas polo Nadal. A pesar de todo parece ser que a nosa enfermeira era das que menos cobraba entre as demais traballadoras do Hopital.
En 1803 o médico Francisco Javier Balmis organizaba a expedición para levar a vacina da variola (descuberta polo británico Edward Jenner en 1796) ó continente americano, China e Filipinas co apoio do rei Carlos IV, quen concedera a Balmis a financiación con fondos públicos para o proxecto. O médico veu a Coruña para escoller un fato de nenos que se incorporarían A Real Expedición Filantrópica da Vacina. Tamén a reitora da Inclusa iría contratada como enfermeira tal e como constaba no decreto publicado o 14 de outubro de 1803:
“Conformandose el Rey con la propuesta de Vm. y del Director de la expedicion destinada à propagar en Yndias la inoculacion de la vacuna, permite S.M. que la Rectora de la Casa de Expositos de esa ciudad sea comprehendida en la misma expedicion en clase de Enfermera, con el sueldo y aiuda de costa señalada a los Enfer-meros, para que cuide durante la navegacion de la asistencia y aseo de los Niños que haian de embarcarse”
Zendal tiña a misión de velar polos vinteún cativos que irían na misión, atendelos durante a travesía, ocupándose da súa alimentación, aseo, vestimenta… Os nenos tiñan entre tres en nove anos, once eran do Hospital desta cidade; con eles iría ademais o propio fillo de Isabel. Os rapaces portarían a vacina a través da súa inaculación “brazo a brazo.”O 30 de novembro de 1803 partiu de A Coruña a corbeta chamada María Pita cos médicos Balmís, Salvani e mais Isabel, con dous cativos incoulados. A Expedición Balmís foi un éxito e fixo posible a vacinación de máis de medio millón de persoas. Isabel Zendal Gómez nunca regresou a España e ficou en México, en Puebla de los Ángeles, onde viviu o resto da súa vida ó igual que o seu fillo.
Isabel foi proclamada pola OMS primeira enfermeira da Historia que desenvolveu unha misión humanitaria a nivel internacional. Desde 1974 o goberno de México concede na súa honra o Premio Nacional de enfermería. En Puebla, México, hai unha Escola de Enfermería co seu nome. Foi nomeada filla predilecta de Ordes en 2016. Na Coruña unha rúa, unha escultura de Acisclo Manzano e un monumento dedicado a ela e mais ós cativos que formaron parte da expedición na Casa do Home e mais un busto realizado por F. Escudero da enfermeira, fronte ó instituto de Zalaeta (no lugar onde se atopaba o antigo Hospital) inaugurado onte, lembran a esta excepcional muller.
“La rectora Isabel, al descubierto” por Antonio Lópéz en La Opinión (20/11/2014)
O edificio é o antigo Hospital da Caridade da Coruña
Ningún comentario:
Publicar un comentario