Outra das tradicións máis significativas nesta noite meiga é a da flor da auga.
A flor da auga “É un dos misterios máis estraños e poéticos da noite de San
Xoán” di Vicente Risco, e é a que se
collería ó sair a raia do sol na tona das augas das fontes, lagos, ríos… Hai quen dí que é unha pinga do orballo que na
amañecida un paxaro trae no seu peteiro para deitala nunha flor.
a auga fresca catar
da auga do paxariño
que saúde che ha de dar.
Corre,
meniña,
vaite lavar
alá na fonte
te has de lavar,
e a fresca auga
desta amañecida
cor da cereixa
che ten que dar.
Se arraiar,
se arraiará
tódalas meigas levará,
se arraiou,
xa arraiou,
tódalas meigas levou.
Peladas
eran
peladas serán
tódalas meigas
que andan polo chan.
O lexicólogo Eladio
Rodríguez no seu dicionario apunta que esta flor é a que buscan as mozas
casadeiras. Estas terían que bañarse na noite de San Xoán e mollarse cas nove
ondas, como podemos ler nun romance popular que recolle Manuel Murguía:
Cal será a meniña cal, que collerá a auga fría
Non será dama, nin deuda, que será a princesa Aldina,
a princesa namorada, filla do rei de Galicia.
Non hai outra coma ela, tan feitiña e tan bonita.
c'aqueles seus ollos craros, da color d'auga da ría.
Só ti Aldina serás, quen leve a fror d'auga fría:
Érguete do teu leito nena, ven cara á banda do mar
qu'anque ti soiña veñas tornarás en compañía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario