si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
Miña casiña!, meu lar!"
Foto Xulio Correa, publicada en Proxecto Galicia, reprodución |
A palabra "lar" poder ter varios significados pero sempre en relación coa casa que habitas. Precisamente é sinónimo de casa familiar, fogar. Tamén nas cociñas rústicas é o lugar da casa onde se acende o lume, como sinónimo "lareira". Por último a palabra lar en plural, lares, fai referencia ós deuses da mitoloxía romana. Na antiga Roma o lar estaba asociado ó fogo sagrado e os lares, manes e penates eran os deuses domésticos. Os deuses lares representaban os espiritos dos antepasados e protexían a familia.
Na casa labrega a cociña é a dependencia máis importante. Nela está a
lareira na que se fai o lume para cociñar e tamén para quentarse, por
iso nela hai escanos, que son bancos con respaldo e tallos, (bancos
pequenos para unha persoa e sen respaldo) para sentar arredor do lume.
Pola parte interior da lareira colócabase un canizo, que é unha
estructura feita con paus de madeira, no que se penduraban chourizos e
carne de porco para afumalos. Tamén do canizo pode ir pendurada unha
cadea -a gramalleira- que sostén o caldeiro de facer o caldo ou o xantar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario