El caballero de las botas azules é unha novela de Rosalía de Castro escrita en castelán. Subtitulada pola propia autora Cuento extraño, é unha fantasía satírica aínda que pertence xa ó realismo. Protagonizada por un cabaleiro singular que se fai chamar Duque de la Gloria e que sorprende pola súa vestimenta, unhas botas de cor azul, un grande lazo branco con feitura de aguiacho e unha especie de bastón con cascabel. A obra comeza cun diálogo teatral a modo de introdución entre o Cabaleiro e a Musa. Esta personaxe, que acepta a misión que lle encomenda a musa de criticar a clase literaria madrileña, representa ó artista da época que ten o don da Novidade. O Duque vaise convertir nun revulsivo social, o parasitismo, a hipocrisía, as falsas apariencias. A crítica vai dirixida ó sistema establecido no mundo literario, ironizando e burlándose dos escritores e artistas ou críticos literarios todos eles mediocres e con ínfulas de grandeza. Por outra parte louva o traballo como o medio que dignifica ó ser humano, sobre todo ás mulleres e especialmente ás de clase social alta. Precisamente as personaxes femininas ocupan un plano central na novela. Rosalía nesta obra, como nas demais, realiza unha crítica esclarecedora do papel asignado á muller da época, totalmente absurdo. A escritora rexeita que estas teñan que estar subordinadas ó home, sendo esclavas da moda e dos convencionalismos sociais. Podemos deducir da lectura a necesidade da igualdade da muller, a necesidade de traballar, de cultura, independentemente da clase social á que se pertenza. A muller debe aspirar a realizarse con independencia dos homes:
"-Pues bien, te diré todavía, porque te quiero, que si el matrimonio es cruz vale más andar sin cruz que con ella, que el buey suelto bien se lame y que para una boca basta una sopa" (Cap. IV)El caballero de las botas azules foi publicada no ano 1867 na imprenta de Soto Freire, en Lugo. No ano 2001 publicase O cabaleiro das botas azuis, a primeira tradución á lingua galega por C.Castro Piñón, na editorial Toxosoutos. Posteriormente no ano 2009 publícase unha nova versión en galego por X.C. Morell González en Trymar
Ningún comentario:
Publicar un comentario