Teresa Herrera, a fundadora no s. XVIII do primeiro hospital da Coruña, pediu, xa que ela non sabía escribir, que apuntasen no documento da doazón que ela facía, estas palabras
"Si son cortos mis bienes, es infinita la bondad de Dios para atraer las limosnas de los fieles a esta obra de humanidad, la más consoladora y meritoria que puede practicarse en este mundo".
Teresa Herrera e Pedrosa naceu na Coruña o 10 de novembro de 1712, na rúa da Cordonería (A Coruña, 1712-1791). A súa humilde familia era moi numerosa, chegaron a ser dez irmáns. Mortos o pai e case todos os irmáns, a nai deixoulle en herdanza os bens familiares co compromiso de que se fixese cargo das dúas únicas irmás que lle quedaban. Por aqueles tempos, nunha Coruña que tiña pouco máis de 12.000 habitantes, Teresa era coñecida como "a vella bruxa" ou a "muller dos demos". Era chamada así porque moitas veces facía o traxecto desde a súa casa ata a igrexa de San Nicolás de xeonllos e os veciños interpretaban que o facía para escorrentar ós demos. Teresa dedicou a súa vida, o seu esforzo e humildes recursos (moitos obtidos de esmolas) a axudar ás mulleres pobres e desamparadas. A “muller dos demos” utilizou a casa familiar que herdara como refuxio onde cobixaba e mantiña a mulleres enfermas e necesitadas, convertíndo así a súa vivenda no chamado "hospitalillo de Dios". Grazas a súa iniciativa e aportacións, iniciouse en 1971 a construción do Hospital de la Caridad. Teresa puxo os seus bens, baixo o Patronato da Congregación do Divino Espíritu Santo , vinculado á Compañía de Jesús, y María Santísima de los Dolores. Os bens de Teresa consistían en:
“la mitad de la llamada casa del Patín, al principio de la calle de Panaderas, así como parte de otro inmuebles en San Nicolás, Cantón Pequeño y san Andrés y diversos terrenos en localidades y parroquias próximas a la ciudad”
O Hospital ía contar con inclusa e un Departamento de Maternidade chamado cuarto para partos secretos, para aquelas mulleres que por diversas circunstancias decidían abandonar ós fillos. A finalidade era atender a mendigos e necesitados de ambos sexos e evitar o abandono dos recén nados. Ata ese momento os nenos non desexados eran abandoados na rúa, expostos a que os cans os devorasen ou eran tirados no Orzán. As causas do abandono era principalmente a de ser fillos de nai solteira que alegaba tamén pobreza e enfermidade. Outras causas eran fillos lexítimos de familias sen recursos, mulleres de condición social acomodada que non querían recoñecer a maternidade, ou fillos de mulleres “de vida irregular”. O 22 de outubro de 1971 falecía a benefactora que só puido contemplar como se colocaba a primeira pedra do hospital. Dous anos máis tarde estableceuse A Casa de Expósitos de A Coruña como unha dependencia do Hospital de Caridad. O edificio estaba situado na zona da Pescadería e a fachada principal daba ó areal do Orzán , continuando no Campo da Horca e que pasou a chamarse rúa do Hospital, (hoxe está o Instituto de Secundaria de Zalaeta Ramón Menéndez Pidal). En 1973 colocouse un torno no que os cativos eran deixados. Non sabía a nosa benefactora o papel que ía xogar a Casa de Expósitos nun futuro próximo no desenvolvemento dun feito de vital transcendencia para a humanidade en relación ca vacina da variola. A Real Expedición Filantrópica da Vacina, dirixida por Francisco Javier Balmis escollería un fato de nenos, dos que once eran do Hospital desta cidade para levar a vacina da variola a outros lugares do mundo e os cativos irían acompañados pola propia rectora da Inclusa, Isabel Zendal. A expedición partiu do porto da Coruña no ano 1803.
Ningún comentario:
Publicar un comentario