#conNomedeMuller: María Corredoira


             “En cuanto a mis primeros pasos en el Arte, puedo decir que se remontan a la niñez. Era yo muy pequeñita cuando ya les pedí a los Reyes que me trajeran lápices, pinceles y paletas. ¡Nunca les pedí muñecas ni juguetes! Cuanto grabado caía en mis manos, me empeñaba en iluminarlo, y así recuerdo que en cierta ocasión encontré una Historia Sagrada… ¿Y a que no se imagina usted lo que se me ocurrió? Elegí un grabado representando a Adán y Eva arrojados del Paraíso… ¡y los vestí de toreros! Pintaba en cuanto papel tenía, y las conchas que recogía en la playa las iluminaba también con toda clase de figuras y monigotes”

(Galicia y sus pintores. María Corredoyra. Entrevista a María del Carmen Corredoyra na revista Finisterre, nº 29, xuño de 1946)

Aldeana
María del Carmen Corredoira e Ruiz de Baro nada na Coruña en 1893, onde comezou a súa formación como pintora nunha época difícil para as mulleres xa que o feito de que unha fémina se dedicase á pintura non era moi valorado e resultaba moi difícil facerse cun espazo propio entre o mundo masculino. No ano 1909 a instancias do seu profesor o pintor Enrique Saborit, presentouse á Exposición Rexional Galega na que obtivo a Medalla de Ouro. Nesta época a pintura de María é figurativa e predominan o retrato de tipos populares especialmente mulleres campesiñas. Guiada polo seu mestre Saborit, participa en exposicións conseguindo recoñecementos como o diploma que obtivo nunha exposición realizada en Mexico en 1910. Ó ano seguinte participa na exposición Internacional de Bellas Artes de Buenos aires e na de Arte Gallego de 1912. No ano 1914 María decide trasladarse a Madrid e continuar alí ca súa formación. En 1917 regresaba a Coruña para participar na Segunda Exposición de Arte Galega con cinco retratos de carácter rexionalista. Nesta cidade oito anos máis tarde realizaría a súa primeira exposición individual na Reunión de Artesáns e nos anos seguintes seguirá participando en todas as expoxicións en diversas cidades galegas. A partir de 1920 a nosa autora dará comezo a unha nova etapa acompañada do simbólico cambio do y grego por un i latino no seu apelido e participando na primeira Exposición de Arte Gallego de Buenos Aires e no Salón de Outono madrileño. En 1922 realizaría un feito novedoso creando unha serie de figuras de madeira recortadas e que van pintadas por ambos lados, figuras que son presentadas no VIII Salón de Humoristas madrileño. Nestes momentos comézase a apreciar un cambio importante na súa produción,coa incorporación de interiores, interiores de igrexias , sacristías, claustros, conventos; tratáse de interiores iluminados pola luz que entra por unha porta ou ventana (como na pintura do holandés Vermeer) ó tempo que vai abandonado a figura humana, trátase de interiores sen xente. En 1929 entra a formar parte do Seminario de Estudos Galegos pero ca chegada da Guerra Civil entra nun parón a súa actividade, se ben este mesmo ano é nomeada membro directivo da Asociación de Artistas Coruñesa.Neste mesmo ano obtén a cátedra de Debuxo Artístico na Escola de Artes e Oficios da cidade. A Real Academia Provincial de Belas Artes de A Coruña creouse no ano 1849 e tras 90 anos da fundación e cen homes despois, foi nomeada numeraria xunto a outra artista, María Dolores Díaz Baliño, sendo ambas creadoras as primeiras mulleres académicas. Hai obra de María Corredoira nos museos galegos de Castrelos en Vigo e no Museo Provincial de Lugo ademais do Museo Municipal de Quiñones de León. A última exposición que realizou María foi en 1966 catro anos antes da súa morte que tería lugar hai hoxe cincuenta anos, un 11 de novembro de 1970.
Óleos sobre lenzo:
Plaza de Azcárraga

Interior

Costureira
Fontes:
-Biobibliografía de Dolores Villaverde Solar en Álbum de mulleres-culturagalega.org
-dbe.rah.es › biografias › maria-del-carmen-corredoira-.
-www.afundacion.org › ... › MARÍA CORREDOYRA

Ningún comentario: