#PrazadasCigarreiras

 



“Amparo madrugó para asistir a la Fábrica. Caminaba a buen paso, ligera y contenta como el que va a tomar posesión del solar paterno. Al subir la cuesta de San Hilario, sus ojos se fijaban en el mar, sereno y franjeado de tintas de ópalo, mientras pensaba en que iba a ganar bastante desde el primer día, en que casi no tendría aprendizaje, porque al fin los puros la conocían, su madre le había enseñado a envolverlos, poseía los heredados chismes del oficio, y no le arredraba la tarea. Discurriendo así, cruzó la calzada y se halló en el patio de la Fábrica, la vieja Granera.”

A Marineda non lle debería faltar unha Praza das Cigarreiras. Se no futuro se fixese un plano desta fabulosa cidade, sen dúbida situaríamos nel unha praza que levase o nome destas mulleres que romperon moldes no s. XIX. Emilia Pardo Bazán achegouse a elas e inmortalizounas en La Tribuna, rompendo tamén moldes con esta novela naturalista no seu século. Emilia foi neste sentido vangardista pois foi a súa, a primeira narración na que se recollían os esforzos e as loitas das obreiras dunha fábrica. Tamén o foron as bravas cigarreiras, pioneiras na contenda sindical española, que loitaron duramente para conseguir melloras na súa actividade laboral. Oportuna e feliz homenaxe sería convertir en Praza das Cigarreiras, a que agora é chamada praza da Fábrica de Tabacos. Son os terreos que antes pertenceron á fábrica, onde se atopa hoxe un establacemento como mesmo nome de La Granera, lugar dos talleres de desvenado e picadura. As cigarreiras traballaban duro, pero tamén sabían divertirse a base de ben, como lemos na descrición do seu Xoves de Comadres, apuntado en La Tribuna no capítulo titulado “El Carnaval de las cigarreras”:

“Pero el jueves de Comadres es el día señalado entre todos para divertirse y echar abajo los talleres. Desde por la mañana llegan las cestas con los disfraces; y obtenido el permiso para bailar y formar comparsas, las oscuras y tristes salas se trasforman.”

A diversión podía rematar tamén no patio da Fábrica se ía un día de moita calor:

“—Si nos dejasen armar un corro en el patio, chicas, ¿eh?
Pareció de perlas la ocurrencia, y salieron al patio de entrada, y de allí al magro campillo colindante, y perteneciente también a la Fábrica”

Ter ou non ter unha Praza adicada ás Cigarreiras en Coruña ou Marineda, esa é a cuestión. Un lugar grande, aberto, exemplar, para preservar a memoria das traballadoras da fábrica, a forza feminina e revolucionaria que lidou pola emancipación e dereitos da muller nunha Marineda fresca e moderna, marcando un fito na sociedade da época. A Praza das Cigarreiras será un espazo de reunión das coruñesas e coruñeses, para o lecer, para actividades lúdicas, sociais ou de calquera clase, un punto de encontro coa nosa historia recente, un referente para as xeracións futuras e en definitiva, unha praza con Nome de Muller.

-A imaxe corresponde á páxina "El carnaval en provincias". Revista Mundo Gráfico, 1913.

Ningún comentario: