Rosalía de Castro ten publicada obra en galego e tamén en castelán, sendo esta última máis abundante. A seguir trazaremos unha guía dos seus libros desde unha perspectiva cronolóxica. Observaremos como desde a publicación da súa primeira obra, iranse sucedendo outras case cunha periodicidade anual, que só se verá interrumpida na década dos 70, na que só teremos a reedición da súa obra Cantares Gallegos.
A súa primeira obra é o poemario de carácter romántico La Flor publicado no ano 1857, en Madrid.
Lieders son textos publicados ó ano seguinte, en Vigo. Nestes textos a autora reflexiona sobre o papel da muller e o da muller escritora.
La hija del mar, en 1859, tamén en Vigo, aborda o tema da muller que non pode ser feliz.

A mi madre é un longo poema dedicado á súa nai no ano 1862, ano da súa morte.
Cantares Gallegos, publicado no ano 1863, é o seu primeiro libro publicado integramente en galego. Trátase dunha obra de fondo contido social, que xira en torno a tres eixos centrais: primeiro a reivindicación do idioma galego; en segundo lugar, denunciar a situación de marxinación social do pobo galego e a explotación que padece, especialmente as mulleres, e en terceiro lugar, tratar de desmontar a mala imaxe que se tiña de Galiza na súa época.
En 1864, publica na prensa a obra en prosa Conto gallego, que se trata dun claro alegato a favor da muller.

En 1866, publica en Madrid Ruínas, novela de carácter realista.

En 1872, 2ª edición de Cantares Gallegos

El primer loco, obra de 1881, presenta o tema da loucura á que conduce a frustración amorosa.
Neste mesmo ano publica artigos na prensa da época, como Costumbres gallegas.
Finalmente, un ano antes da súa morte, (1885) a nosa autora publicará En las Orillas del Sar, en Madrid. Obra de carácter existencial e pesimista e na que segue presente o seu grande amor por Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario