![]() |
Primeiro número publicado en Lar |
“Xa cumpriron coa dor que lles
abaneaba a alma. Xa cumpriron co mundo; coas vellas costumes, sempre novas, alí
onde non as borrou o dedo d´un mal entendido progreso, cobrindo co mesmo borro,
poesías e rutinas sen fundo”
Así comeza a novela Martes d´Antroido de Francisca Herrera Garrido, publicada no nº 6 da Editorial Lar en maio de 1925. A Revista comezara a súa andaina hai case cen anos na Coruña impulsada polos membros da Irmandade da Fala desta cidade.
O 29 de novembro de 1924 saía do
prelo o primeiro exemplar que contiña a novela curta A miña muller de Wenceslao
Fernández Flores. A revista estaba dirixida por Leandro Carré Alvarellos e
Anxel Casal e a portada da colección era obra de Camilo Díaz Baliño. Os cinco
primeiros números editáronse nunha
imprenta externa, na imprenta Moret, ata que os editores puideron adquirir por
fin unha máquina para imprimir. O primeiro texto publicado pola imprenta Lar
foi o da primeira académica galega Francisca Herrera. Os editores anunciaban
cunha nota o importante acontecimento:
“Este é o berro de ledicia e de amor
que nos brota dos beizos ao dar feita nos propios talleres esta noveliña, realizando
o noso proyeito.”
As novelas da colección Lar “poñíanse
á venda mensualmente, o derradeiro sábado de cada mes”. Entre os anos 1924 e 1928, máis de 40 textos dos nosos autores
foron publicados, maioritariamente novelas e algunha obra de teatro como O
Mariscal de Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario