Hoxe (25/03/09) compartimos un tempo (que soubo a pouco) coa traductora xaponesa Mona Imai na biblioteca do noso instituto. Explicounos entre outras cousas das dificultades da tradución da súa lingua á galega. Durante o tempo que durou a tertulia asomámonos como por unha xanela á sua cultura natal, que ata hai pouco era ben lonxana para nós; autores, temas, sentimentos, gustos, modo de vivir, relixión, gastronomía ... Afinidades e diferencias foron aparecendo da man de Mona, durante case unha hora e media e que nos pareceu un instante. Un verdadeiro pracer.
Grazas, Mona, por dedicarnos o teu tempo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario